jueves, 12 de julio de 2018

Lecturas de verán

50 aniversario da entrada das mulleres no IES San Rosendo

 Este ano celebramos o 50 aniversario da entrada das mulleres no noso centro. Foi no curso 67-68 cando tal feito se produciu.

Para homenaxear a estas mulleres e conmemorar o día, levamos a cabo varias actividades como a exposición de materiais que se empregagan no centro nesa época e a recreación da mesma a través dunha recollida de películas, música, xornais, revistas, efemérides ou anuncios que nos permitían achegarnos un pouco á maneira de pensar deses anos.

Ademais, asistimos a unha charla coas exalumnas na que tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man e compartir con elas como era o instituto neses momentos.

Máis tarde culminamos a celebración asistindo a unha comida na que as principais convidadas eran aquelas rapazas que abriron camiño ao resto das mulleres no IES San Rosendo de Mondoñedo.

Os nosos artigos

miércoles, 4 de julio de 2018

Exposición emigración, inmigración, refuxiados

Emigración, inmigración, refuxiados on PhotoPeach

Exposición Roupa de mulleres, roupa de homes?

Roupa de mulleres, roupa de homes? on PhotoPeach