Páginas

Se o vello Simbad volvese

Na seguinte publicación podedes ler algúns dos microrrelatos que participaron no certame convocado para o pasado día do libro. Con anterioridade xa puidestes ver publicadas as historias gañadoras.



Día do libro

Aquí podedes escoitar algunhas das recomendacións de literatura xuvenil que vos fai o alumnado de 3ºESO para conmemorar o 23 de abril.


Ademais, tamén buscaron persoas adultas que puidesen recomendar libros neste día tan especial.


Charles Dickens

Como sabedes, este é o ano dun escritor excepcional como Dickens. 
Dende o IES San Rosendo queremos facerlle a nosa pequena homenaxe cunha exposición de obras súas e cun collage onde se recollen distintos aspectos da súa vida: caricaturas do autor, personaxes dos seus libros, algunhas das súas casas, portadas de libros...

domingo, 15 de abril de 2012

O caso do libro desaparecido


No vídeo que aparece a continuación, extraído da páxina leer.es do Ministerio de Educación e Ciencia, podedes descubrir a importancia da organización  da biblioteca.