Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de junio de 2017

Concurso Minerva


 Iria Rivas, alumna de 1ºBAC do noso centro, gaña o terceiro premio do Concurso Minerva de poesía. 
No acto de entrega de premios estaba Yolanda Castaño, escritora e poeta galega, e Armando Requeixo, o autor mindoniense co que posa a nosa gañadora.
A poesía é unha fonda expresión dos sentimentos que se bota en falta nos nosos tempos. O feito de que as novas xeracións se animen a empregar este xénero e a participar nos concursos que o promoven supón unha esperanza e unha alegría compartida por todos.