domingo, 27 de noviembre de 2011

Verdade ou mentira?

Esta é a nosa segunda proposta para o concurso. Credes que podedes resolvela? Ánimo!


Exposición de cogumelos

Este ano a nosa exposición chegou un pouco máis tarde, pois, como todos sabedes, a calor que nos acompañou durante este outono dificultou a recolla de cogumelos. Pese a que este ano non hai moitos, aquí tendes unha fantástica selección feita polo profesorado e alumnado da Granxa para todos nós.

sábado, 12 de noviembre de 2011

Verdade ou mentira?

Comeza o noso concurso. Recordade que tedes que averiguar se o que se vos indica é certo ou falso. Cada semana publicaranse unha serie de propostas que debedes debater entre todo o grupo e contestar a través da persoa que exerza como delegada.
No taboleiro de biblioteca atoparedes a táboa coa puntuación que acada cada unha das clases.
Aí vai a primeira serie de verdades ou mentiras. Animádevos a participar!


Generación del 27

Este venres 11 de novembro tivemos a oportunidade de asistir no salón de actos do noso instituto a unha representación dramática que tiña por tema a Xeración do 27.
A compañía Ricardo Frazer subiu a escea a un escéntrico Dalí que nos foi introducindo na Residencia de Estudiantes e actuou como fío condutor no recitado de poemas de autores como García Lorca ou Miguel Hernández, entre outros. 
A selección  musical emocionounos, ó igual que algúns poemas, entre os que destacou un no que se nos amosaba a morte dos cisnes.
E o  inesperado espectáculo de maxia levantou unha sonora ovación.



Samaín

De novo está aquí o Samaín. Co que nos gustan as celebracións! Este ano estivo moi animado. Contamos un conto de medo de Poe (El corazón delator), participamos en talleres de grabado, de elaboración de broches, de pintura de uñas e fixemos un mercadiño para recadar cartos para a viaxe a París e Londres. Como é de esperar, vendemos productos relacionados coa festividade e a época outonal.
Todos acodiron ó tradicional asado de castañas amenizado pola nosa mellor banda de música.
Samaín 2011 - diapositivas

lunes, 27 de junio de 2011

Primeiro premio no Parlamento

Patricia Martínez Paz, Lara Rubal Otero e Cristian Vizcaíno Rodríguez, alumnos de 3º ESO do IES San Rosendo de Mondoñedo, participaron no concurso convocaco polo Parlamento de Galicia e gañaron o primeiro premio co seu traballo. Este luns día 20 de Xuño foron a Santiago recoller o seu premio acompañados doutros compañeiros da súa clase, de Amparo Bermúdez, profesora de Plástica coa que participaron, e da directora do centro María José Cuesta. Visitaron o Parlamento e recolleron os seus premios, un ordenador portátil para cada un, outro para a profesora de Plástica e unha pizarra dixital para o centro. Ademais, toda a súa clase irá a unha excursión como premio. Felicitámolos e agrademos a súa participación, así como o fantástico traballo e dedicación de Amparo.

Os meus soños baixo o mar

A alumna de 3º ESO Patricia Martínez Paz participou nun concurso de relato curto convocado en Pontedeume e recibiu un accésit polo seu conto, que podedes ler a continuación.
Os meus soños baixo o mar
Deslizábame entre as árbores e os fieitos, deixábame guiar polo meu instinto, corría, deixábaos a todos atrás. Nada importaba. Ninguén tiña cabida nos meus pensamentos. Tiña que sobrevivir. Tiña que seguir adiante. De súpeto todo cambiou ao meu redor, comezaron a esvaecerse as árbores, unha tras outra eran borradas do meu mundo como estrelas brillantes á chegada do amencer. As temperaturas ascendían perigosamente, tiña medo, demasiado medo. Só podía seguir precipitándome ao descoñecido na miña carreira sen sentido, só podía seguir inmersa na miña infinita ladaíña de pasos trementes.