viernes, 27 de enero de 2012

Exposición fotográfica




Pablo Couto Andrés, alumno de 2º ciclo superior de Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxismo, é un grande afeccionado á fotografía e á natureza da nosa contorna. Mostra disto podemos atopala na exposición que acaba de facer nos corredores do noso centro. Convídovos a vela en persoa; pero se non podedes, aquí tedes a súa magnífica obra.
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación made with Smilebox

miércoles, 18 de enero de 2012

Viaxe a Lugo

Este luns 16 de xaneiro fumos a Lugo para ver a obra Bodas de sangre de Federico García Lorca, que xa leramos en clase de Lingua castelá e Literatura. Cando finalizaou a representación acudimos ó polígono do Ceao, onde puidemos ver as instalacións do periódico O Progreso.
Click to play this Smilebox album de fotos
Create your own album de fotos - Powered by Smilebox
Customize your own album de fotos

sábado, 14 de enero de 2012

Cuéntame un cuento


Antes de marchar de vacacións de Nadal. o alumnado de 3º, e 4º ESO estivo facendo unha serie de actividades na clase de Lingua castelá. Alá vai unha mostra delas: Cuéntame un cuento, A mí me contaron y después descubrí, Periódico, respectivamente.
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación customized with Smilebox

martes, 10 de enero de 2012

Celebrando o Nadal


Este Nadal despedímonos das clases facendo unha xincana e cantando panxoliñas.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design customized with Smilebox

jueves, 1 de diciembre de 2011

Premio Cervantes

Ven de recibir o premio Cervantes de Literatura Nicanor Parra, matemático, físico e poeta chileno que o ano pasado quedou finalista no premio Príncipe de Asturias das Letras. Este escritor hispanoamericano de recoñecido prestixio é o creador da chamada antipoesía, aquela que emprega como materia prima as palabras cotiás, consideradas contrarias á beleza. Algunhas das súas obras son: Poemas e antipoemas, Canciones sin nombre, Chistes para desorientar a la poesía, Páginas en blanco...
Esta é un dos poemas nos que amosa a súa concepción da poesía:

LA
POESÍA
MORIRÁ
SI NO
SE LA
OFENDE

hay
que poseerla
y humillarla en público
después se verá
lo que se hace.

Premio Nacional de Literatura

José Luis Sampedro recibe o premio Nacional de Literatura pola súa traxectoria literaria. Este barcelonés nonaxenario que foi profesor de Economía e que, tras xubilarse, decidiu adicarse por completo á súa grande paixón, a Literatura, é un autor que recibiu múltiples premios. Entre as súas múltiples obras, destacan La sonrisa etrusca e Octubre, octubre. É coñecido pola seu carácter aberto e ultimamente amosou o seu apoio ós indignados.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Verdade ou mentira?

Esta é a nosa segunda proposta para o concurso. Credes que podedes resolvela? Ánimo!