lunes, 27 de junio de 2011
Primeiro premio no Parlamento
Os meus soños baixo o mar
A alumna de 3º ESO Patricia Martínez Paz participou nun concurso de relato curto convocado en Pontedeume e recibiu un accésit polo seu conto, que podedes ler a continuación.
Os meus soños baixo o mar
Deslizábame entre as árbores e os fieitos, deixábame guiar polo meu instinto, corría, deixábaos a todos atrás. Nada importaba. Ninguén tiña cabida nos meus pensamentos. Tiña que sobrevivir. Tiña que seguir adiante. De súpeto todo cambiou ao meu redor, comezaron a esvaecerse as árbores, unha tras outra eran borradas do meu mundo como estrelas brillantes á chegada do amencer. As temperaturas ascendían perigosamente, tiña medo, demasiado medo. Só podía seguir precipitándome ao descoñecido na miña carreira sen sentido, só podía seguir inmersa na miña infinita ladaíña de pasos trementes.
Autores en inglés
Neste último trimestre, o autor sobre o que traballamos en inglés foi Truman Capote. No taboleiro da biblioteca poderedes ver un resumo da súa vida e obra.
viernes, 17 de junio de 2011
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)