sábado, 30 de noviembre de 2013

E ti como ves a Merlín o Mago

  Como vistes nos corredores do centro, convocamos un concurso para deseñar unha cabeceira para este blog que tivese como protagonista a Merlín, o famoso mago que dominaba os elementos da Natureza.
 Pois ben, xa temos gañadora do concurso: Melba Paz Mora, de 4ºESO.
 En breve o seu mago formará parte da cabeceira de bibliomerlín.
Felicitamos ó resto dos participantes pola calidade dos traballos presentados.
  Faremos unha selección dos mesmos e serán expostos no instituto e subidos ó blog.

sábado, 23 de noviembre de 2013

martes, 5 de noviembre de 2013

Produtos de outono

Este ano estamos a traballar en torno á Natureza. Queremos observala, ver que nos ofrece, coidala, respectala...
Para corresponder con ela, imos presentar a toda a comunidade educativa os produtos de tempada, comezando polo outono. 
Pouco a pouco iremos subindo os nosos traballos ó blog e expoñéndoos nos corredores do centro. Por agora temos os meses de setembro e outubro, pero non esquezades ir ver que nos ofrece o entorno cada mes.
Un recreo na biblio do IES San Rosendo on PhotoPeach

domingo, 3 de noviembre de 2013

Exposición

Enid Blyton on PhotoPeach