lunes, 24 de diciembre de 2012

O Apalpador

Sabiades que no Courel existe unha figura tradicional chamada o Apalpador que reparte regalos ós nenos por estas datas? Se é que non nos fai falta Papá Noel, xa temos ó Apalpador que é da nosa tradición. Se non o coñeciades, aquí volo presento.

domingo, 16 de diciembre de 2012

Como buscar recursos na biblioteca


Esta presentación foi elaborada polo IES As Mariñas de Betanzos. Axudaravos a atopar calquera recurso presente na nosa biblioteca a través do catálogo de Meiga
Guía Meiga
View more presentations or Upload your own.

martes, 27 de noviembre de 2012

25 de novembro

Por medio deste vídeo, realizado no IES Chano Piñeiro de Forcarei, podemos reflexionar acerca do que supón entender as relacións de parella e o amor como unha posesión do outro. 
 

Recordade que amar é compartir, comprender, confiar, colaborar... Todos os verbos con connotación positiva que se vos ocorran.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Especial cine de terror

A aqueles que desexen pasar un pouco de medo propoñémoslles este vídeo cun conto de terror recomendado polo IES Rio Cabe. Esperamos que vos guste.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Contos de medo

Este traballo foi levado a cabo polo alumnado de 3ºESO, que colabora coa temática deste mes, o terror. Como adicamos o ano ó cine, baseáronse en personaxes de películas para elaborar contos de medo que a todos vos van gustar. Desfrutádeos!

domingo, 4 de noviembre de 2012

Especial de medo

Xa que estamos adicando o ano ó cine, imos ver como Disney vía o Halloween.

lunes, 29 de octubre de 2012

O cine de terror

Imos facer deste próximo mes de novembro o mes adicado ó terror, posto que se inicia coa festa do Samaín e o día dos defuntos.
E como este ano imos prestar especial atención ó cine, a continuación podedes consultar unhabreve historia do xénero do terror.

Thriller

Como sabedes, está moi próxima a celebración da Samaín, esa festa que tanto medo provoca. Para ir ambientándonos, aquí vos deixo este videoclip de Michael Jackson (extraído de you tube), que forma parte dun dos álbumes máis premiados da historia da música. A temática que trata non pode ser máis apropiada. Desfrutádeo!

domingo, 21 de octubre de 2012

Biblioburro

A importancia dos libros vese neste video, onde se nos demostra que  non é necesario ter moito para ser feliz nin para deixar voar a imaxinación.

viernes, 21 de septiembre de 2012

Historia do cine

Este ano o noso proxecto da biblioteca titúlase Cine e acción, así que todos os nosos traballos xirarán en torno a este. Para que vaiades adentrándovos no tema, aquí tedes un vídeo, extraído de youtube, no que se explica brevemente como comezou o cine e os pasos que seguiu ata chegar á época actual.

jueves, 5 de julio de 2012

Concurso parlamento 2012

Se queres ver a representación de títeres elaborada por un dos grupos, atoparala na entrada "Creando títeres" do seguinte enlace  www.asmileunhahistorias.blogspot.com


miércoles, 13 de junio de 2012

Premiados

Esta semana celebrouse a entrega de premios ós participantes no concurso convocado co gallo do Día das Letras Galegas. Foron moitos os que puideron recoller na biblioteca do instituto o seu galardón de mans das profesoras de Lingua e Literatura galega. E é que no noso idioma, que sempre deixa bo sabor de boca, podemos expresar todo o que nos produce inquedanza,  o que nos agrada e engaiola. Por que non as nosas historias ou as deste e aqueloutro?

Recomendacións de lectura




miércoles, 6 de junio de 2012

miércoles, 23 de mayo de 2012

Feira do libro


Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación made with Smilebox

martes, 15 de mayo de 2012

domingo, 13 de mayo de 2012

Día das letras galegas

Imos conmemorar este Día das Letras Galegas recollendo contos que forman parte de cultura do noso contorno. Por isto, predímoslles ós nosos avós e avoas que nos contasen anécdotas, crenzas, historias ou acontecementos que lles trasmitiron ou que eles viviron.


Valentín Paz Andrade



sábado, 12 de mayo de 2012

Exposicións durante o 23 de abril

O alumnado de 1º, 2º e 4º ESO conmemorou o día do libro facendo unha exposición de libros que quixeron ser unha visión persoalizada deles mesmos. Non esquezades pasar a velos á biblioteca se queredes saber algo máis dos vosos compañeiros.
Tamén houbo unha exposición de pop-ups, os tradicionais libros despregables, moi do gusto do público infantil e xuvenil.



Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación created with Smilebox

martes, 8 de mayo de 2012

Entrega de premios

Este luns 7 de maio de 2012 as gañadoras do I Certame de microrrelatos Se o vello Simbad volvese recibiron o premio (un diploma e un cheque-regalo para a compra de material didáctico) de mans da directora do noso instituto. 
Neste blog podedes ler tanto o seu traballo coma o dos demais participantes no concurso.
É un honor contar entre o noso alumnado con, quen sabe, futuras escritoras. Enhoraboa ás gañadoras!

lunes, 30 de abril de 2012

Coñece a túa biblioteca


Se o vello Simbad volvese

Na seguinte publicación podedes ler algúns dos microrrelatos que participaron no certame convocado para o pasado día do libro. Con anterioridade xa puidestes ver publicadas as historias gañadoras.



domingo, 22 de abril de 2012

Concurso de microrrelatos


Día do libro

Aquí podedes escoitar algunhas das recomendacións de literatura xuvenil que vos fai o alumnado de 3ºESO para conmemorar o 23 de abril.


Ademais, tamén buscaron persoas adultas que puidesen recomendar libros neste día tan especial.


Charles Dickens

Como sabedes, este é o ano dun escritor excepcional como Dickens. 
Dende o IES San Rosendo queremos facerlle a nosa pequena homenaxe cunha exposición de obras súas e cun collage onde se recollen distintos aspectos da súa vida: caricaturas do autor, personaxes dos seus libros, algunhas das súas casas, portadas de libros...

domingo, 15 de abril de 2012

O caso do libro desaparecido


No vídeo que aparece a continuación, extraído da páxina leer.es do Ministerio de Educación e Ciencia, podedes descubrir a importancia da organización  da biblioteca.




jueves, 15 de marzo de 2012

lunes, 5 de marzo de 2012

8 de marzo

Este xoves é o día da muller, por iso imos recordar algunhas das  moitas que fixeron historia por distintos motivos. Sabemos que quedan moitas máis no tinteiro, pero hoxe queremos lembrar a estas figuras femininas.

Lembrade que ó voso redor hai moitas máis mulleres anónimas que merecen ser felicitadas todos os días polo seu traballo.



Na biblioteca tedes unha exposición de libros de autoras de renome.

domingo, 4 de marzo de 2012

Antroido 2012

Conmemoramos neste curso o Antroido facendo coplas nas que expresamos o noso parecer acerca de distintos aspectos que nos preocupan. Para isto contamos coa axuda dos titores, que coordinaron o noso traballo e axudáronnos coas letras e coa elección da canción que iamos versionar.
Se pinchades neste enlace poderedes ler a copla de cada grupo e ver unha foto da actuación http://www.slideboom.COPLAS ENTROIDO
Ademais, fixemos unha exposición de gárgolas, antroidos, imaxes e poemas nos corredores do centro para ir creando un ambiente paródico previo ás nosas actuacións.
Por último, aquí tedes algunhas das grabacións que fixemos cando investigabamos sobre a celebración do Antroido na nosa zona. 

San Valentín

Este día dos namorados estivemos moi ocupados explotando a nosa vea artística, así que traballamos dende Lingua castelá diferentes aspectos: elaboramos caligramas en 1ºESO, versionamos famosos poemas de amor en 2ºESO e investigamos sobre famosas parellas de namorados da Literatura (historias que despois ilustramos en Plástica) en 3ºESO.
O alumnado de 4ºESO elaborou flores para repartir un día tan sinalado. E, como é tradicional nestas datas, repartimos a correspondencia deses namorados anónimos que teñen algo que contar precisamente o 14 de febreiro.
Aquí tedes unha mostra dos nosos traballos.



viernes, 27 de enero de 2012

Exposición fotográfica




Pablo Couto Andrés, alumno de 2º ciclo superior de Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxismo, é un grande afeccionado á fotografía e á natureza da nosa contorna. Mostra disto podemos atopala na exposición que acaba de facer nos corredores do noso centro. Convídovos a vela en persoa; pero se non podedes, aquí tedes a súa magnífica obra.
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación made with Smilebox

miércoles, 18 de enero de 2012

Viaxe a Lugo

Este luns 16 de xaneiro fumos a Lugo para ver a obra Bodas de sangre de Federico García Lorca, que xa leramos en clase de Lingua castelá e Literatura. Cando finalizaou a representación acudimos ó polígono do Ceao, onde puidemos ver as instalacións do periódico O Progreso.
Click to play this Smilebox album de fotos
Create your own album de fotos - Powered by Smilebox
Customize your own album de fotos

sábado, 14 de enero de 2012

Cuéntame un cuento


Antes de marchar de vacacións de Nadal. o alumnado de 3º, e 4º ESO estivo facendo unha serie de actividades na clase de Lingua castelá. Alá vai unha mostra delas: Cuéntame un cuento, A mí me contaron y después descubrí, Periódico, respectivamente.
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación customized with Smilebox

martes, 10 de enero de 2012

Celebrando o Nadal


Este Nadal despedímonos das clases facendo unha xincana e cantando panxoliñas.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design customized with Smilebox