martes, 28 de abril de 2015

Non hai nada máis doce ca un libro

Este xoves 23 de abril conmemoramos o día do libro na nosa biblioteca e fixemos un sorteo entre os nosos lectores de tres caixas-libro, que Amparo confeccionou con material reciclado. Nelas introducimos dous libros escritos en varios idiomas e varios doces cos que acompañar unha fermosa lectura.
Buscamos unha man inocente, neste caso Pepe, que amablemente nos axudou a escoller aos tres afortunados que marcharon moi felices cos seus agasallos. 
O noso lema, "Non hai nada máis doce ca un libro", quedou totalmente reflectido na ilusión coa que recolleron os seus premios.


miércoles, 22 de abril de 2015

Arte e natureza

Arte nos espazos naturais on PhotoPeach

Especial Pascua

A profesora de Relixión, Dolores, traballou co alumnado empregando elementos reciclados para crear ovos de Pascua.

Reciclando para a Pascua on PhotoPeach