domingo, 28 de febrero de 2021

Rosalía

 O alumando de 4ºESO conmemorou o día de Rosalía con este vídeo.



Obradoiro con Paula Carballeira



O xoves 18 de febreiro veu visitarnos Paula Carballeira, quen fixo un obradoiro co alumnado de 2ºESO, Pluribac e ciclos da Granxa. Con ela divertímonos moito e botamos man da nosa creatividade para simular, por exemplo, un contestador.
Estamos traballando moito e preparándonos para botar a andar a nosa radio.


Entroido 2021

OBRADOIRO CONSUMO RESPONSABLE

 

ü 

O alumnado de 3º PMAR despois de ler
e traballar  na clase o libro La vuelta al mundo de un forro polar rojo de Wolfan Korn levou a cabo un Obradoiro de Consumo Responsable impartido pola profesora María Couso.

OBRADOIRO BOSQUE COMESTIBLE

 


O día 19 de xaneiro o noso alumnado recibiu un obradoiro sobre o bosque comestible. Aprenderon moito dos nosos compañeiros da Granxa e disfrutaron dun día que lles cambiou as perspectivas.

martes, 16 de febrero de 2021

domingo, 14 de febrero de 2021

sábado, 13 de febrero de 2021

Non comas o mundo

 


O día 29 de xaneiro o alumnado de Pluribac acodiu ao obradoiro  Non comas o mundo que versaba sobre a soberanía alimentaria e a agroecoloxía. A actividade a cargo da compañeira da Granxa María Couso foi moi interesante. 



OBRADOIRO DE RADIO

 


Os días 28 de xaneiro e 4 de febreiro Félix Jorquera visitou o noso centro e impartiu un obradoiro de radio ao profesorado coa fin de coñecer o funcionamento da radio, as técnicas de manexo da voz, a planificación de entrevistas, e de elaboración dun programa de radio. Foi un obradoiro moi interesante e do que aprendemos moito. Dá gusto traballar con profesionais do medio.

OBRADOIROS

ü 

Charo Pita visita o 11 de decembro o noso centro e imparte un obradoiro de teatro lido a un grupo de alumnos e alumnas de  3º ESO A, 3º PMAR, Ciclos Formativos da Granxa para familiarizalos coas técnicas teatrais e o manexo da voz. Foi unha actividade moi divertida que nos está axudando a prepararnos para poñer en funcionamento a radio do centro.
Coa mesma intención se desenvolveu o obradoiro de radio Os micros non
morden con  Luis Pardo o día 18 de decembro.

 

.

Obradoiro de fotografía

 Gabriel Tizón visita o centro para dar unha charla e facer un obradoiro de fotografía. 

A raíz deste obradoiro de fotografía o  instituto colaborou coa Rede Museística Provincial de Lugo no proxecto AMAR A MAR  na que se rinde homenaxe ás mulleres dos oito concellos que integran a Mariña. A comunidade educativa escolleu mulleres representativas do seu concello e fotografiou as mans e a cara das mulleres escollidas. Os seus traballos estiveron colgados nunha sala da Deputación Provincial de Lugo ata o 8 de marzo de 2021 representando a Mondoñedo ao lado de traballos de fotógrafos profesionais. Participaron na inauguración en Lugo e posteriormente na apertura da mesma exposición no Centro Comarcal de Mondoñedo.

Enlace da inauguración

Visionado de Semina il vento


O alumnado de Pluribac tivo a oportunidade de participar no Festival de cine de Xixón o día en outubro, cando viron Semina il vento de Danilo Caputo. Despois puideron reflexionar sobre o papel da muller nn ciencia e sobre a súa capacidade para aportar solucións aos problemas medioambientais.

jueves, 4 de febrero de 2021

Día de Lorca en Galicia