miércoles, 23 de enero de 2013

A nosa nova biblioteca

Presentámosvos a nosa nova biblioteca
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design generated with Smilebox

lunes, 24 de diciembre de 2012

O Apalpador

Sabiades que no Courel existe unha figura tradicional chamada o Apalpador que reparte regalos ós nenos por estas datas? Se é que non nos fai falta Papá Noel, xa temos ó Apalpador que é da nosa tradición. Se non o coñeciades, aquí volo presento.

domingo, 16 de diciembre de 2012

Como buscar recursos na biblioteca


Esta presentación foi elaborada polo IES As Mariñas de Betanzos. Axudaravos a atopar calquera recurso presente na nosa biblioteca a través do catálogo de Meiga
Guía Meiga
View more presentations or Upload your own.

martes, 27 de noviembre de 2012

25 de novembro

Por medio deste vídeo, realizado no IES Chano Piñeiro de Forcarei, podemos reflexionar acerca do que supón entender as relacións de parella e o amor como unha posesión do outro. 
 

Recordade que amar é compartir, comprender, confiar, colaborar... Todos os verbos con connotación positiva que se vos ocorran.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Especial cine de terror

A aqueles que desexen pasar un pouco de medo propoñémoslles este vídeo cun conto de terror recomendado polo IES Rio Cabe. Esperamos que vos guste.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Contos de medo

Este traballo foi levado a cabo polo alumnado de 3ºESO, que colabora coa temática deste mes, o terror. Como adicamos o ano ó cine, baseáronse en personaxes de películas para elaborar contos de medo que a todos vos van gustar. Desfrutádeos!

domingo, 4 de noviembre de 2012

Especial de medo

Xa que estamos adicando o ano ó cine, imos ver como Disney vía o Halloween.