lunes, 29 de octubre de 2012

O cine de terror

Imos facer deste próximo mes de novembro o mes adicado ó terror, posto que se inicia coa festa do Samaín e o día dos defuntos.
E como este ano imos prestar especial atención ó cine, a continuación podedes consultar unhabreve historia do xénero do terror.

Thriller

Como sabedes, está moi próxima a celebración da Samaín, esa festa que tanto medo provoca. Para ir ambientándonos, aquí vos deixo este videoclip de Michael Jackson (extraído de you tube), que forma parte dun dos álbumes máis premiados da historia da música. A temática que trata non pode ser máis apropiada. Desfrutádeo!

domingo, 21 de octubre de 2012

Biblioburro

A importancia dos libros vese neste video, onde se nos demostra que  non é necesario ter moito para ser feliz nin para deixar voar a imaxinación.

viernes, 21 de septiembre de 2012

Historia do cine

Este ano o noso proxecto da biblioteca titúlase Cine e acción, así que todos os nosos traballos xirarán en torno a este. Para que vaiades adentrándovos no tema, aquí tedes un vídeo, extraído de youtube, no que se explica brevemente como comezou o cine e os pasos que seguiu ata chegar á época actual.

jueves, 5 de julio de 2012

Concurso parlamento 2012

Se queres ver a representación de títeres elaborada por un dos grupos, atoparala na entrada "Creando títeres" do seguinte enlace  www.asmileunhahistorias.blogspot.com


miércoles, 13 de junio de 2012

Premiados

Esta semana celebrouse a entrega de premios ós participantes no concurso convocado co gallo do Día das Letras Galegas. Foron moitos os que puideron recoller na biblioteca do instituto o seu galardón de mans das profesoras de Lingua e Literatura galega. E é que no noso idioma, que sempre deixa bo sabor de boca, podemos expresar todo o que nos produce inquedanza,  o que nos agrada e engaiola. Por que non as nosas historias ou as deste e aqueloutro?

Recomendacións de lectura