jueves, 14 de abril de 2011

Cunqueiro

Con motivo do centenario do nacemento de Cunqueiro, o noso centro en colaboración co centro de primaria e co Concello participou na ofrenda floral ante a tumba do autor mindoniense e reuniuse para ler poemas do seu libro Herba aquí ou acolá. A actividade foi un éxito e acompañouse, días máis tarde, da actuación de Kiko Cadaval e Ujía Pedreira no salón de actos do centro. A fin de festa supuxo un desafía para moitos ós que non se lles dá ben o baile, pero outros deféndenseche moi ben.

De viaxe pola Gran Bretaña

O alumnado de Bacharelato asistiu a unha conferencia sobre a Gran Bretaña. O conferenciante convidounos a facer unha viaxe por estas terras,  paráronse especialmente en Escocia. Coñeceron de primeira man os símbolos, costumes e ambientes. Ademais, xogaron a Quen quere ser millonario?, chegando a empregar o comodín da chamada (neste caso a uns emigrantes que vivían na Gran Bretaña).



Obradoiro de igualdade

Este ano a rapazada de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de asistir a un obradoiro de igualdade. Nel participaron en diferentes actividades, como facer un retrato do home e da muller ideal, debater acerca do tema... Pero o que mais lles gustou foi a interacción entre eles para descubrir que non somos tan diferentes como parece, posto que ó final ilusionámonos mais ou menos coas mesmas cousas.

Our english writers

Dende o Departamento de Inglés, proponse a actividade Our english writers. Grazas a ela poderemos adentrarnos un pouco mais  na vida dalgúns dos autores mais coñecidos da lingua inglesa. Cada mes adicarémolo a un autor de renome.
O mes de marzo adicámolo a Roald Dahl.

miércoles, 13 de abril de 2011

San Valentín

Por fin! Levabamos un ano esperando e chegou o San Valentín. Como nos gusta! É a época perfecta para dicirlle ó noso amor platónico, ou non tan platónico, que non podemos vivir sen el. Por isto, este ano fixemos una caixa de correo para que cadaquén dirixise a súa misiva de xeito anónimo á persoa á que quere. E tivemos uns carteiros moi especiais que se encargaron de repartilas o día 14 de febrero. Chegaron por sorpresa ás clase e alegráronlle o día a moitas persoas.

Tamén houbo que quixo conmemorar máis públicamente este día e participou no concurso de piropos e no de poemas acrósticos.

E, para non esquecer esta semana, cada día deixamos un poema de temática amorosa ó noso alumnado, por se non se lle ocorría nada que dicirlle á persoa amada. E incluso fixemos unha selección de películas e libros que tratasen o tema, para ambientarnos.




Con todo, temos que dicir que chegou un momento en que tanto mel comezou a ser demasiado difícil de dixerir, así que houbo un grupiño de rapaces e rapazas que decidiron protestar contra unha data tan abocada ó consumismo por medio do anti-San Valentín. E por se fose pouca cousa tal ousadía, atrevéronse a facelo na lingua propia do amor, o francés!




 





Greguerías

¿Sabedes o que son as greguerías? Pois a verdade é que son un invento moi divertido que levou a cabo un grande escritor, Ramón Gómez de la Serna. Segundo el dicía, non son máis ca a combinación perfecta de metáfora e sentido do humor, que a nós non nos falta. Partindo do libro de poemas que lemos na primeira avaliación en 2º ESO, La rosa de los vientos, decidimos elaborar as nosas propias greguerías e adornalas con ilustracións.



NADAL

Este Nadal estamos moi contentos e, para plantarlle cara á crise, o grande monstro que nos está a acosar, pensamos en levar a cabo varias actividades que se relacionan co HUMOR, o proxecto que guía o noso traballo. Así, comezamos por facer postais de Nadal, continuamos poñendo unha árbore con chistes elaborados por nós, adornamos as nosas caras con pinturas e participamos nunha xincana humorística con probas de diferente tipo (de habilidade, de expresión corporal, adiviñas, recoñecemento de caricaturas de famosos, elaboración de historias a partir de imaxes, contamos chistes e fixemos unha busca do tesouro). A verdade é que non se pode dicir que non o intentasemos.

25 de Novembro

Como sabedes, o 25 de novembro é o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero. O noso alumnado decidiu solidarizarse con esta causa a través da elaboración de carteis que convidan a loitar contra esta lacra social. Aquí vai unha pequena mostra dos mesmos. Por certo, participaron nun certame baixo a tutela de Amparo, a profe de Plástica, e gañaron o 2º e 3º premio.

martes, 5 de abril de 2011

Samaín

O noso Magosto tamén tivo a súa parte de traballo creativo por parte do alumnado. A castaña e o ambiente outonal foron os protagonistas das nosas historias e poesías.

Magosto

Xa sabedes que cando chega o outono a castaña convértese na protagonista das nosas actividades. Este ano adicamos estas datas á arte, a festa e a escritura. 
Por un lado decidimos elaborar papeles de auga coa nosa profe de Plástica, que se apunta a todas as actividades lúdicas e creativas.
Despois pintamos as nosas caras, para ir entrando na festa, coa axuda das profes de inglés e francés.
Finalmente, saímos ó patio para facer o magosto coa indispensable colaboración de Gavín e ambientamos a degustación con música e baile.