Por fin! Levabamos un ano esperando e chegou o San Valentín. Como nos gusta! É a época perfecta para dicirlle ó noso amor platónico, ou non tan platónico, que non podemos vivir sen el. Por isto, este ano fixemos una caixa de correo para que cadaquén dirixise a súa misiva de xeito anónimo á persoa á que quere. E tivemos uns carteiros moi especiais que se encargaron de repartilas o día 14 de febrero. Chegaron por sorpresa ás clase e alegráronlle o día a moitas persoas.
Tamén houbo que quixo conmemorar máis públicamente este día e participou no concurso de piropos e no de poemas acrósticos.
E, para non esquecer esta semana, cada día deixamos un poema de temática amorosa ó noso alumnado, por se non se lle ocorría nada que dicirlle á persoa amada. E incluso fixemos unha selección de películas e libros que tratasen o tema, para ambientarnos.
Con todo, temos que dicir que chegou un momento en que tanto mel comezou a ser demasiado difícil de dixerir, así que houbo un grupiño de rapaces e rapazas que decidiron protestar contra unha data tan abocada ó consumismo por medio do anti-San Valentín. E por se fose pouca cousa tal ousadía, atrevéronse a facelo na lingua propia do amor, o francés!
No hay comentarios:
Publicar un comentario