Este venres 11 de novembro tivemos a oportunidade de asistir no salón de actos do noso instituto a unha representación dramática que tiña por tema a Xeración do 27.
A compañía Ricardo Frazer subiu a escea a un escéntrico Dalí que nos foi introducindo na Residencia de Estudiantes e actuou como fío condutor no recitado de poemas de autores como García Lorca ou Miguel Hernández, entre outros.
A selección musical emocionounos, ó igual que algúns poemas, entre os que destacou un no que se nos amosaba a morte dos cisnes.
E o inesperado espectáculo de maxia levantou unha sonora ovación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario