jueves, 19 de diciembre de 2013

sábado, 30 de noviembre de 2013

E ti como ves a Merlín o Mago

  Como vistes nos corredores do centro, convocamos un concurso para deseñar unha cabeceira para este blog que tivese como protagonista a Merlín, o famoso mago que dominaba os elementos da Natureza.
 Pois ben, xa temos gañadora do concurso: Melba Paz Mora, de 4ºESO.
 En breve o seu mago formará parte da cabeceira de bibliomerlín.
Felicitamos ó resto dos participantes pola calidade dos traballos presentados.
  Faremos unha selección dos mesmos e serán expostos no instituto e subidos ó blog.

sábado, 23 de noviembre de 2013

martes, 5 de noviembre de 2013

Produtos de outono

Este ano estamos a traballar en torno á Natureza. Queremos observala, ver que nos ofrece, coidala, respectala...
Para corresponder con ela, imos presentar a toda a comunidade educativa os produtos de tempada, comezando polo outono. 
Pouco a pouco iremos subindo os nosos traballos ó blog e expoñéndoos nos corredores do centro. Por agora temos os meses de setembro e outubro, pero non esquezades ir ver que nos ofrece o entorno cada mes.
Un recreo na biblio do IES San Rosendo on PhotoPeach

domingo, 3 de noviembre de 2013

Exposición

Enid Blyton on PhotoPeach

miércoles, 10 de julio de 2013

jueves, 27 de junio de 2013

Anaquiños de creatividade

A creatividade do noso alumnado de 4º ESO guiado por Loli, a profesora de informática .

viernes, 14 de junio de 2013

jueves, 13 de junio de 2013

viernes, 24 de mayo de 2013

Viaje a la luna

Estes vídeos foron elaborados polos alumnado de 1º BAC na aula de informática con Loli empregando o programa de animación Monkeyjam

jueves, 23 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow personalized with Smilebox

jueves, 16 de mayo de 2013

Palabras galegas

Os alumnos de 4ºESO de informática recolleron algunhas das palabras galegas que máis lles gustan e fixeron con Loli un fermoso traballo que vai acompañado da versión musicada do poema de Curros Enríquez "Aí ven o maio" feita por Luis Emilio Batallón.

Gañadoras do concurso de Microrrelatos

A entrega de premios do II Certame de Microrrelatos Se o vello Simbad volvese, así como os seus traballos aparece a continuación.

A lectura en imaxes


A lectura según 1º e 2º da ESO

miércoles, 1 de mayo de 2013

Cine e Literatura

Dende o IES Pazo de Mercé fixéronnos a recomendación de visionar esta reportaxe emitida na 2 de TVE sobre a relación entre o cine e a literatura. 


Día do Traballo

Agradecémoslles ós rapaces de 4ºESO que, coa axuda da profesora de Informática, Loli, elaboraron este positivo cartel para conmemorar o Día do Traballo. 


sábado, 27 de abril de 2013

lunes, 22 de abril de 2013

martes, 16 de abril de 2013

Premios ó Reto

Aquí aparecen os premiados na primeira fase do reto semanal.


Animádevos e participade na segunda fase. Xa estades entrenados para superar calquera desafío de lóxica que vos presente a nosa gran formuladora de retos. Non vos deixedes vencer por ela!

miércoles, 10 de abril de 2013

martes, 26 de marzo de 2013

Concurso de microrrelatos


II CERTAME DE MICRORRELATOS


SE O VELLO SIMBAD VOLVESE

Poderá participar o alumnado da ESO e Bacharelato que curse os seus estudos no IES San Rosendo.

Cada participante poderá presentar un traballo, escrito en galego, castelán, inglés ou francés.

O prazo de presentación finalizará o martes 16 de abril de 2013.

Un microrrelato é unha narración moi breve. Poderá constar como ximo de 100 palabras en Comic Sans tamaño 12.

O microrrelato deberá estar ambientado nunha cidade europea ou presentar como personaxe algún que fose creado polos autores europeos máis coñecidos. Por exemplo, Oliver Twist, Gulliver, Madame Bovary, Pulgarciño, Carrapuchiña Vermella, Hansel e Gretel…

O premio consistirá en material escolar por valor de 30 euros. haberá un premio por categoría:
Categoría A: 1º-2º ESO.
Categoría B: 3º-4º ESO.
Categoría C: 1º-2º BAC.

As obras poden enviarse baixo seudónimo a:

Xunto co texto enviarase adxunto un documento onde se recollan os datos persoais do autor (nome e apelidos, curso e grupo).

O xurado, formado por profesorado do centro, fallará o certame o día 23 de abril. A súa decisión será inapelable.

Se a calidade dos traballos non se considera aceptable ou hai cate- gorías nas que non se presentan participantes, o Xurado poderá declaralo deserto.

O centro reserva os dereitos de publicación das obras participantes no concurso.

A participación no concurso suporá a aceptación das súas bases.

jueves, 14 de marzo de 2013

Películas de amor

Este ano a rapazada de 3ºB e os alumnos de informática de 1ºBAC, coa axuda de Loli, decidiron recomendar películas onde o amor é o protagonista.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design made with Smilebox

jueves, 7 de marzo de 2013

Día da muller traballadora

O alumnado de 4ºESO conmemora o 8 de marzo cuns carteis creados na aula de Tecnoloxía con Loli.


8 de marzo - foto montaje
Non esquezas visitar a exposición de libros que fixemos con este motivo na biblioteca.

viernes, 1 de marzo de 2013

Viaxamos por Europa

Na clase de Lingua castelá deciciron organizar unhas viaxes imaxinarias que nos permitisen viaxar por Europa en época de crise. Así que nos deron cartos virtuais e encargáronnos organizar a visita a diversas cidades e a presentación dos seus escritores máis famosos. Aquí tedes os resultados.

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
This free scrapbook design generated with Smilebox

miércoles, 27 de febrero de 2013

Recordando a Rosalía de Castro

Este venres aproveitamos para conmemorar o día de Rosalía de Castro coa axuda dos nosos músicos e recitadores. Para rematar, intercambiamos flores e poemas da nosa autora.
Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
This free scrapbook created with Smilebox

viernes, 15 de febrero de 2013

Un San Valentín de cine

Dende o IES San Rosendo de Mondoñedo desexámosvos a todos un feliz San Valentín coa inestimable axuda e creatividade do noso alumnado dirixido pola profesora de Tecnoloxía, Loli, coa que aprenderon a manexar o Gymp.


Un San Valentín de cine - diapositivas

miércoles, 13 de febrero de 2013

Por San Valentín recomendamos...

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow personalized with Smilebox

lunes, 4 de febrero de 2013

Postais de Nadal

Aínda que con un pouco de retraso, aquí tedes as postais de Nadal que realizou o alumnado na clase de Tecnoloxía e Informática con Loli.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a picture slideshow

miércoles, 30 de enero de 2013

Mi monstruo

El alumnado de 2ºESO, inspirándose en personajes de cine, ha hecho una descripción de los monstruos que alteran nuestros subconscientes.

miércoles, 23 de enero de 2013

A nosa nova biblioteca

Presentámosvos a nosa nova biblioteca
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design generated with Smilebox