II CERTAME DE
MICRORRELATOS
SE O VELLO SIMBAD VOLVESE
Poderá participar o alumnado da ESO e Bacharelato que curse os seus estudos no IES San Rosendo.
Cada participante só poderá presentar un traballo, escrito en galego, castelán, inglés
ou francés.
O prazo de
presentación finalizará o martes 16 de
abril de
2013.
Un microrrelato é unha narración moi breve. Poderá constar
como máximo
de 100 palabras en Comic Sans
tamaño
12.
O microrrelato deberá estar ambientado nunha cidade
europea ou presentar como personaxe algún que fose creado polos autores
europeos máis coñecidos. Por exemplo, Oliver Twist, Gulliver, Madame Bovary,
Pulgarciño, Carrapuchiña Vermella, Hansel e Gretel…
O premio consistirá en material escolar por valor de 30 euros. Só haberá un
premio por
categoría:
Categoría A:
1º-2º ESO.
Categoría B:
3º-4º ESO.
Categoría C:
1º-2º BAC.
As obras poderán enviarse
baixo seudónimo
a:
Xunto co texto enviarase adxunto un documento onde se recollan os datos
persoais do autor
(nome e apelidos, curso e grupo).
O xurado, formado por profesorado do
centro, fallará o certame o día 23 de abril. A
súa decisión será
inapelable.
Se a calidade dos traballos non se considera
aceptable ou hai
cate-
gorías nas que non
se presentan participantes,
o Xurado poderá declaralo
deserto.
O centro reserva os dereitos de publicación das obras participantes
no concurso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario