martes, 26 de marzo de 2013

Concurso de microrrelatos


II CERTAME DE MICRORRELATOS


SE O VELLO SIMBAD VOLVESE

Poderá participar o alumnado da ESO e Bacharelato que curse os seus estudos no IES San Rosendo.

Cada participante poderá presentar un traballo, escrito en galego, castelán, inglés ou francés.

O prazo de presentación finalizará o martes 16 de abril de 2013.

Un microrrelato é unha narración moi breve. Poderá constar como ximo de 100 palabras en Comic Sans tamaño 12.

O microrrelato deberá estar ambientado nunha cidade europea ou presentar como personaxe algún que fose creado polos autores europeos máis coñecidos. Por exemplo, Oliver Twist, Gulliver, Madame Bovary, Pulgarciño, Carrapuchiña Vermella, Hansel e Gretel…

O premio consistirá en material escolar por valor de 30 euros. haberá un premio por categoría:
Categoría A: 1º-2º ESO.
Categoría B: 3º-4º ESO.
Categoría C: 1º-2º BAC.

As obras poden enviarse baixo seudónimo a:

Xunto co texto enviarase adxunto un documento onde se recollan os datos persoais do autor (nome e apelidos, curso e grupo).

O xurado, formado por profesorado do centro, fallará o certame o día 23 de abril. A súa decisión será inapelable.

Se a calidade dos traballos non se considera aceptable ou hai cate- gorías nas que non se presentan participantes, o Xurado poderá declaralo deserto.

O centro reserva os dereitos de publicación das obras participantes no concurso.

A participación no concurso suporá a aceptación das súas bases.

jueves, 14 de marzo de 2013

Películas de amor

Este ano a rapazada de 3ºB e os alumnos de informática de 1ºBAC, coa axuda de Loli, decidiron recomendar películas onde o amor é o protagonista.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design made with Smilebox

jueves, 7 de marzo de 2013

Día da muller traballadora

O alumnado de 4ºESO conmemora o 8 de marzo cuns carteis creados na aula de Tecnoloxía con Loli.


8 de marzo - foto montaje
Non esquezas visitar a exposición de libros que fixemos con este motivo na biblioteca.

viernes, 1 de marzo de 2013

Viaxamos por Europa

Na clase de Lingua castelá deciciron organizar unhas viaxes imaxinarias que nos permitisen viaxar por Europa en época de crise. Así que nos deron cartos virtuais e encargáronnos organizar a visita a diversas cidades e a presentación dos seus escritores máis famosos. Aquí tedes os resultados.

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
This free scrapbook design generated with Smilebox