Este ano, coma o curso pasado, celebrouse Mondoñedo é poesía coa colaboración de todo o alumnado do centro, que creou paxariños para adornar o auditorio e facer o Tendal das letras no cal estes poemas xurdidos da súa cabeza expresan moitas das inquedanzas propias da idade.
Este tendal serviu de inspiración para facer uns microrrelatos contemplando as historias que foron aparecendo por azar na propia colocación dos paxaros. Puxémoslle o título Contoumo un paxariño.
Este tendal serviu de inspiración para facer uns microrrelatos contemplando as historias que foron aparecendo por azar na propia colocación dos paxaros. Puxémoslle o título Contoumo un paxariño.
Ademais, todos os asistentes ao acto puideron escoitar, xunto cos latexos poéticos doutros moitos poetas convidados, os que nacen das novas xeracións, que estiveron representadas por alumnado do centro: Carmen Pavón Souto, José María Merino, Silvia García Fernández e Iria Rivas Prieto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario