Para conmemorar o día das letras galegas este curso realizamos varias actividades.
Como estamos moi comprometidos coa recuperación do noso, convidamos á Asociación de mulleres de S. Bartolomeu da Insua para que nos falasen do liño por medio dun obradoiro.
Para non esquecermos a nosa traidición, tivemos a oportunidade de coñecer a un regueifeiro de Tradescola que nos ensinou a seguir con esta arte propia da cultura oral que forma parte do noso ADN.
Culminamos os actos coa actuación de Mini e Mero, que contaron e cantaron a poesía galega dun xeito tan fondo que calou nas nosas almas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario