domingo, 30 de mayo de 2021

23 de abril

 Este día do libro imos recomendarvos moitos libros. En 3ºESO recomendaron distintos libros que vos poden interesar.

Fixádevos en Miedo, onde poderedes escoitar ao alumnado de 4ºESO lendo o libro de Care Santos para darvos unha idea de que trata o libro.

Non vos perdades este enlace:

Día do libro no IES San Rosendo

Las mujeres de mi vida

Este curso conmemoramos o día da muller traballadora recordando as mulleres da nosa vida. Aquí tedes unha pequena mostra realizada por alumnado de 3º e 4ºESO

Las mujeres de mi vida 

lunes, 22 de marzo de 2021

Gañadores do concurso

No concurso para escoller o logo que representará a nosa radio quedaron de finalistas María Sánchez Villalba e Antía Gutiérrez Gavín, ambas de 3ºESO.

Aquí tedes os seus traballos. Finalmente o xurado escolleu o logo de Antía que vedes a continuación.



viernes, 19 de marzo de 2021

lunes, 8 de marzo de 2021

miércoles, 3 de marzo de 2021

En las orillas del Sar

Para recordar a Rosalía no seu día, un grupo de alumn@s de 4ºESO fixo unha lectura de varios dos seus poemas de En las orillas del Sar.

No seguinte enlace veredes unha pequena mostra. 

https://agueiro.xunta.gal/view/view.php?t=q4ldOJVszQWE2w8BmhFS

domingo, 28 de febrero de 2021

Rosalía

 O alumando de 4ºESO conmemorou o día de Rosalía con este vídeo.



Obradoiro con Paula Carballeira



O xoves 18 de febreiro veu visitarnos Paula Carballeira, quen fixo un obradoiro co alumnado de 2ºESO, Pluribac e ciclos da Granxa. Con ela divertímonos moito e botamos man da nosa creatividade para simular, por exemplo, un contestador.
Estamos traballando moito e preparándonos para botar a andar a nosa radio.


Entroido 2021

OBRADOIRO CONSUMO RESPONSABLE

 

ü 

O alumnado de 3º PMAR despois de ler
e traballar  na clase o libro La vuelta al mundo de un forro polar rojo de Wolfan Korn levou a cabo un Obradoiro de Consumo Responsable impartido pola profesora María Couso.

OBRADOIRO BOSQUE COMESTIBLE

 


O día 19 de xaneiro o noso alumnado recibiu un obradoiro sobre o bosque comestible. Aprenderon moito dos nosos compañeiros da Granxa e disfrutaron dun día que lles cambiou as perspectivas.

martes, 16 de febrero de 2021

domingo, 14 de febrero de 2021

sábado, 13 de febrero de 2021

Non comas o mundo

 


O día 29 de xaneiro o alumnado de Pluribac acodiu ao obradoiro  Non comas o mundo que versaba sobre a soberanía alimentaria e a agroecoloxía. A actividade a cargo da compañeira da Granxa María Couso foi moi interesante. 



OBRADOIRO DE RADIO

 


Os días 28 de xaneiro e 4 de febreiro Félix Jorquera visitou o noso centro e impartiu un obradoiro de radio ao profesorado coa fin de coñecer o funcionamento da radio, as técnicas de manexo da voz, a planificación de entrevistas, e de elaboración dun programa de radio. Foi un obradoiro moi interesante e do que aprendemos moito. Dá gusto traballar con profesionais do medio.

OBRADOIROS

ü 

Charo Pita visita o 11 de decembro o noso centro e imparte un obradoiro de teatro lido a un grupo de alumnos e alumnas de  3º ESO A, 3º PMAR, Ciclos Formativos da Granxa para familiarizalos coas técnicas teatrais e o manexo da voz. Foi unha actividade moi divertida que nos está axudando a prepararnos para poñer en funcionamento a radio do centro.
Coa mesma intención se desenvolveu o obradoiro de radio Os micros non
morden con  Luis Pardo o día 18 de decembro.

 

.

Obradoiro de fotografía

 Gabriel Tizón visita o centro para dar unha charla e facer un obradoiro de fotografía. 

A raíz deste obradoiro de fotografía o  instituto colaborou coa Rede Museística Provincial de Lugo no proxecto AMAR A MAR  na que se rinde homenaxe ás mulleres dos oito concellos que integran a Mariña. A comunidade educativa escolleu mulleres representativas do seu concello e fotografiou as mans e a cara das mulleres escollidas. Os seus traballos estiveron colgados nunha sala da Deputación Provincial de Lugo ata o 8 de marzo de 2021 representando a Mondoñedo ao lado de traballos de fotógrafos profesionais. Participaron na inauguración en Lugo e posteriormente na apertura da mesma exposición no Centro Comarcal de Mondoñedo.

Enlace da inauguración

Visionado de Semina il vento


O alumnado de Pluribac tivo a oportunidade de participar no Festival de cine de Xixón o día en outubro, cando viron Semina il vento de Danilo Caputo. Despois puideron reflexionar sobre o papel da muller nn ciencia e sobre a súa capacidade para aportar solucións aos problemas medioambientais.

jueves, 4 de febrero de 2021

Día de Lorca en Galicia