viernes, 4 de junio de 2010

Samaín

Un Samaín tenebroso!
A Biblioteca do IES San Rosendo de Mondoñedo convoca o concurso de relato curto Un Samaín tenebroso! no que participou moito alumnado. O certame tivo lugar na sala da biblioteca, onde @s concursantes elaboraron os seus traballos na lingua escollida.


Os relatos premiados son os que veñen a continuación.



Destino
La noche era fría y oscura. En el bosque no se oía ningún sonido más que el rumor del viento en los árboles. Un buho ululó.
La joven corría descalza a través de la foresta. A penas veía lo que tenía enfrente a causa de la oscuridad. Las ramas de los árboles rasgaban sus ropas y cortaban la piel de su rostro. Pero no se detenía.
Estaba agotada. Su respiración era agitada y sus músculos estaban agarrotados. Pero no se detendría. Sabía lo que eso supondría.
Su perseguidor la seguía de cerca. Podía oír sus pasos y su respiración a pesar de que, por el momento, la distancia que los separaba era bastante grande. Por el momento.
Tenía miedo, mucho miedo. A pesar de que su madre, durante los largos meses de sitio su madre le había repetido mil veces que debía ser valiente. Pero no podía evitar sentir pavor ante lo que se avecinaba.
¿Cómo había llegado a aquella situación? Su vida era feliz, pacífica. Encerrada en su palacio de cristal no cabía lugar para el miedo o el dolor. Pero el sueño se había acabado y comenzó la pesadilla.
Entró en un claro. A pesar de que había algo más de luz no vio la rama tirada en el suelo. Tropezó. Trató de volver a levantarse pero no fue capaz, se había torcido un tobillo.
Se arrastró por el suelo. Su voluntad se negaba a rendirse, pero su cuerpo no podía continuar. Se sentó junto a un árbol y miró al cielo estrellado. Por muy mala que fuese la situación, siempre se podía disfrutar de las cosas bellas.
Tomó su colgante del cuello. A pesar de la oscuridad su superficie brillaba tenuemente. Lo ocultó bajo una raíz. Su perseguidor no lo vería allí.
Lo sintió antes de verlo. Un frío gélido inundó el claro. Entonces él entró en el claro. Era la primera vez que se encontraban cara a cara, nada la habría preparado para aquello. Un terror más profundo que la noche inundó sus sentidos.
Gritó.
Las primeras luces del día iluminaron el claro. No había nadie allí. Tan sólo, sobre el suelo, un pequeño lirio indicaba el lugar donde, aquella noche, la joven se había enfrentado a su destino.

Paula Vega García – 1ºBAC

En que me convertín?
Ola a todos! Voume presentar, chámome… Que importa iso? O único que tedes que saber de min é que son especial, diferente, a rutina non é o meu, e o cotrario a min é a sinxeleza. Que como son? Pois sen dúbida algo que non se ve cada día pola rúa. É máis, se me viras seguro que ese día non se che esquecería nunca na túa vida... Que fago coa miña vida? Nada en concreto pero todo en especial, eu fago cousas que a túa cabeza nin sequera pode imaxinar e se o imaxinas seguro que pensas que iso non o pode facer ningún ser humano, e é que quizais ese sesxa o secreto, pero iso non o sei nin eu. Como fago o que fago? Esa é a única cousa que me quita o sono, non hai día que ese misterio non me reconcoma a cabeza. Que dis? Que non entendes nada sobre min? Tranquilo iso é o máis normal, o raro sería que o entenderas.
Supoño que te preguntarás ata donde te quero levar, non si? Pois agora cho explico, eu quero chegar ata o día de Samaín do ano pasado, onde me convertín, por así decilo, no que son agora.
A mañá do día 31 chegou coma outra calquera, eu estaba na miña cama cando a luz do Sol me despertou, erguinme ás présas e asomeime á ventá, estaba feliz. O clima era perfecto para o que me esperaba esa noite, coller o meu disfraz e saír a pedir caramelos polas rúas, petando de porta en porta.
A tarde pasou sen moito que contar, o único que fixera foi chamar ó meu único amigo, pero non me apetece falar sobre el... Dedicamos todo o noso tempo a preparar os disfraces.
Por fin chegou o momento máis ansiado, o meu momento preferido do ano, a noite do 31 de Outubro, o momento no que os monstruos invaden as rúas dicindo: “truco ou trato”.
Saímos da casa cos nosos disfraces. Como dicilo... incrible. Nada máis os nosos pés tocaron a rúa o silencio fíxose sepulcral. Todos nos miraan, eu sentíame especial, sobre todo cando os nenos pequenos se asustaban ó vernos. Foi a mellor noite da miña vida... Polo menos érao antes de dar a medianoite. Cando estaban soando as doce campanadas, e nós cruzábamos a rúa, un ruído silenciou a todos os demais, era o sonido dunha bocina dun auto, xirei a cabeza, pero era tarde...
Non sentín nada, só sei que iso cambiou a miña vida para sempre. Así foi como me convertín no que son agora, algo capaz de atravesar as paredes, que fai ruído coas cadeas oxidadas e algo que volve tola a calquera persoa que me ve... Sí... Creo que xa sei o que podo ser... Quizáis me convertín no que o meu disfraz representaba... Unha alma en pena condenada a estar entre dous mundos para sempre... Unha pantasma.

Patricia Martínez Paz – 2ºESO B

Repetimos?

Hai moito tempo nunha escura noite de outono os rapaces e rapazas saían en busca das preciadas lambetadas. Como todos os anos nós sempre nos reuniamos. Estabámonos cambiando en Lousada City (na casa de Iria). Os disfraces eran:
Iria – pingüina asasina.
Tania – Betty Bon asasina.
Joana – Shin-chan asasino.
Patricia – Patricio asasino.
Myriam – Pou asasino (Teletubbies)
Adrián – Mister Bean asasino.
Que risas!
De repente escoitamos o ruido dunha porta ó abrir... Escoitábase unha estraña melodía que procedía do final do corredor. Todos estabamos asustados.
- Que pasa? -dixo Joana.
Todos nos acercamos a mirar.
-Tum, tum, tum!
E todos
- Aaaah!
-Buhh! Zon o pepino azezino! (Lara co seu disfrace)
Uff! Que susto levamos.
Acabamos de amañarnos e saímos da casa. Logo fomos de casa en casa coa misión de conseguir a maior cantidade de lambetadas.
Escoitamos uns berros de axuda.
- Acudide, acudide! -di Lara.
- Esa foi Lara! -di Tania.
Chegamos e atopámonos coa escea máis arrepiante. Patricio comera ó pepino asasino!
Nós separámonos. Patricio viña cara a nós...
- Oh, no! -di Myriam.
Patricio queríanos comer!
- Pero achegádevos! -dixo Patricio.
Colleu a Joana e deulle unha gran trabada.
- Repetimos? -preguntou Patricio.
Todos saímos escopetados, pero metémonos nun calexón. Logrou alcanzarnos e acabamos todos mortos.
Myriam e Iria

A broma para Xoel
Era unha vez un sitio no medio do monte onde cada noite desaparecían nenos e ó día seguinte aparecían esqueletos. A policía estivo investigando, pero non averiguou nada e anque se quedaran na casa sucedía sempre o mesmo. Todos estaban asustados.
Había un neno que se chamaba Xoel ó que lle mataran a todos os seus amigos e á súa noiva. Estaba enfadado e quería resolver o misterio. Sen que os pais se deran conta saíu da casa pola noite.
Ía cunha lanterna e cunha botella de auga, as farolas estaban acesas. Despois duns minutos andando chegou á praza máis apartada da cidade. Oíu un golpe como de algo que caera ó chan, iluminou coa lanterna e berrou asustado.
- Quen anda aí?
Pasou un gato negro fungando correndo ó redor del e el suspirou.
- Só é un gato.
Seguiu andando ata chegar ó bosque. Pasou un minuto mirando cara a un conxunto de árbores e unha escuridade inmensa. De repente, a lanterna apágaselle e todas as farolas da cidade empezaron a chisquear ata esvaecerse. Xoel non lle deu importancia, colleu a botella de auga e empezou a beber. De súpeto oíu un berro que viña do bosque. Tirou a botella no chan.
Entón apareceu un bafo verde e entre este fume apareceron os desaparecidos, todos cun esqueleto de broma. Trato ou truco, dixeron. Xoel quedou pampo. Apareceron os seus amigos e a súa noiva.
- Pero que pasa aquí?
É todo unha broma: o vapor, as farolas, a policía que non averiguou nada...
- E a lanterna, quen foi?
- A falta de pilas, dixeron á vez.
E Xoel morreu dun infarto.

Anxo Seivane Villalba – 2ºESO A


No hay comentarios:

Publicar un comentario