jueves, 1 de diciembre de 2011

Premio Cervantes

Ven de recibir o premio Cervantes de Literatura Nicanor Parra, matemático, físico e poeta chileno que o ano pasado quedou finalista no premio Príncipe de Asturias das Letras. Este escritor hispanoamericano de recoñecido prestixio é o creador da chamada antipoesía, aquela que emprega como materia prima as palabras cotiás, consideradas contrarias á beleza. Algunhas das súas obras son: Poemas e antipoemas, Canciones sin nombre, Chistes para desorientar a la poesía, Páginas en blanco...
Esta é un dos poemas nos que amosa a súa concepción da poesía:

LA
POESÍA
MORIRÁ
SI NO
SE LA
OFENDE

hay
que poseerla
y humillarla en público
después se verá
lo que se hace.

Premio Nacional de Literatura

José Luis Sampedro recibe o premio Nacional de Literatura pola súa traxectoria literaria. Este barcelonés nonaxenario que foi profesor de Economía e que, tras xubilarse, decidiu adicarse por completo á súa grande paixón, a Literatura, é un autor que recibiu múltiples premios. Entre as súas múltiples obras, destacan La sonrisa etrusca e Octubre, octubre. É coñecido pola seu carácter aberto e ultimamente amosou o seu apoio ós indignados.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Verdade ou mentira?

Esta é a nosa segunda proposta para o concurso. Credes que podedes resolvela? Ánimo!


Exposición de cogumelos

Este ano a nosa exposición chegou un pouco máis tarde, pois, como todos sabedes, a calor que nos acompañou durante este outono dificultou a recolla de cogumelos. Pese a que este ano non hai moitos, aquí tendes unha fantástica selección feita polo profesorado e alumnado da Granxa para todos nós.

sábado, 12 de noviembre de 2011

Verdade ou mentira?

Comeza o noso concurso. Recordade que tedes que averiguar se o que se vos indica é certo ou falso. Cada semana publicaranse unha serie de propostas que debedes debater entre todo o grupo e contestar a través da persoa que exerza como delegada.
No taboleiro de biblioteca atoparedes a táboa coa puntuación que acada cada unha das clases.
Aí vai a primeira serie de verdades ou mentiras. Animádevos a participar!


Generación del 27

Este venres 11 de novembro tivemos a oportunidade de asistir no salón de actos do noso instituto a unha representación dramática que tiña por tema a Xeración do 27.
A compañía Ricardo Frazer subiu a escea a un escéntrico Dalí que nos foi introducindo na Residencia de Estudiantes e actuou como fío condutor no recitado de poemas de autores como García Lorca ou Miguel Hernández, entre outros. 
A selección  musical emocionounos, ó igual que algúns poemas, entre os que destacou un no que se nos amosaba a morte dos cisnes.
E o  inesperado espectáculo de maxia levantou unha sonora ovación.



Samaín

De novo está aquí o Samaín. Co que nos gustan as celebracións! Este ano estivo moi animado. Contamos un conto de medo de Poe (El corazón delator), participamos en talleres de grabado, de elaboración de broches, de pintura de uñas e fixemos un mercadiño para recadar cartos para a viaxe a París e Londres. Como é de esperar, vendemos productos relacionados coa festividade e a época outonal.
Todos acodiron ó tradicional asado de castañas amenizado pola nosa mellor banda de música.
Samaín 2011 - diapositivas