domingo, 26 de noviembre de 2017

sábado, 14 de octubre de 2017

martes, 20 de junio de 2017

O son da Paula, a nosa revista


Concurso Minerva


 Iria Rivas, alumna de 1ºBAC do noso centro, gaña o terceiro premio do Concurso Minerva de poesía. 
No acto de entrega de premios estaba Yolanda Castaño, escritora e poeta galega, e Armando Requeixo, o autor mindoniense co que posa a nosa gañadora.
A poesía é unha fonda expresión dos sentimentos que se bota en falta nos nosos tempos. O feito de que as novas xeracións se animen a empregar este xénero e a participar nos concursos que o promoven supón unha esperanza e unha alegría compartida por todos.

martes, 6 de junio de 2017

jueves, 1 de junio de 2017

Terriña que nos criou

Contoumo un paxariño

Charla


O alumnado que forma parte do club de lectura tivo a posibilidade de asistir a unha charla sobre a memoria histórica que tivo lugar na biblioteca do IES San Rosendo de Mondoñedo. Na charla puido recibir información de primeira man acerca da situación dos guerrilleiros galegos que loitaron contra o réxime franquista. Grazas a Francisco Martínez e a Fernanda Cedrón puideron completar as súas lecturas sobre o tema coa experiencia real de moitas das persoas que sufriron a guerra e a posguerra no noso país.

Antonio Reigosa

Antonio Reigosa, autor de Memorias dun raposo, veu visitarnos para falarnos da literatura oral e de como as historias que se transmitían a través dela podían servir para aprender moitas cousas da vida. 
O alumnado de 1º e 2º ESO compartiu co escritor as historias de raposos que foron recollendo despois de falar coa súa familia e el decidiu que algunhas delas merecían formar parte do seu proxecto Galicia encantada.

Mondoñedo é poesía

Este ano, coma o curso pasado, celebrouse Mondoñedo é poesía coa colaboración de todo o alumnado do centro, que creou paxariños para adornar o auditorio e facer o Tendal das letras no cal estes poemas xurdidos da súa cabeza expresan moitas das inquedanzas propias da idade. 
Este tendal serviu de inspiración para facer uns microrrelatos contemplando as historias que foron aparecendo por azar na propia colocación dos paxaros. Puxémoslle o título Contoumo un paxariño.
Ademais, todos os asistentes ao acto puideron escoitar, xunto cos latexos poéticos doutros moitos poetas convidados, os que nacen das novas xeracións, que estiveron representadas por alumnado do centro: Carmen Pavón Souto, José María Merino, Silvia García Fernández e Iria Rivas Prieto.

Día do Libro 2017

Hecho con Padlet

martes, 2 de mayo de 2017

Chegou a Pascua


Dolores, a profesora de Relixión, traballou co alumnado de 1ºESO na elaboración de ovos de Pascua para conmemorar a chegada da Semana Santa.
Os seus traballos sempre teñen un toque de creatividade que nos encanta, así que non esquezades pasar velos nos corredores do instituto.



As mulleres do noso entorno

domingo, 12 de febrero de 2017

sábado, 11 de febrero de 2017

domingo, 8 de enero de 2017

Visita do Apalpador

Apalpador on PhotoPeach