jueves, 1 de junio de 2017

Charla


O alumnado que forma parte do club de lectura tivo a posibilidade de asistir a unha charla sobre a memoria histórica que tivo lugar na biblioteca do IES San Rosendo de Mondoñedo. Na charla puido recibir información de primeira man acerca da situación dos guerrilleiros galegos que loitaron contra o réxime franquista. Grazas a Francisco Martínez e a Fernanda Cedrón puideron completar as súas lecturas sobre o tema coa experiencia real de moitas das persoas que sufriron a guerra e a posguerra no noso país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario