domingo, 25 de junio de 2017
martes, 20 de junio de 2017
Concurso Minerva
Iria Rivas, alumna de 1ºBAC do noso centro, gaña o terceiro premio do Concurso Minerva de poesía.
No acto de entrega de premios estaba Yolanda Castaño, escritora e poeta galega, e Armando Requeixo, o autor mindoniense co que posa a nosa gañadora.
A poesía é unha fonda expresión dos sentimentos que se bota en falta nos nosos tempos. O feito de que as novas xeracións se animen a empregar este xénero e a participar nos concursos que o promoven supón unha esperanza e unha alegría compartida por todos.
martes, 6 de junio de 2017
jueves, 1 de junio de 2017
Charla
O alumnado que forma parte do club de lectura tivo a posibilidade de asistir a unha charla sobre a memoria histórica que tivo lugar na biblioteca do IES San Rosendo de Mondoñedo. Na charla puido recibir información de primeira man acerca da situación dos guerrilleiros galegos que loitaron contra o réxime franquista. Grazas a Francisco Martínez e a Fernanda Cedrón puideron completar as súas lecturas sobre o tema coa experiencia real de moitas das persoas que sufriron a guerra e a posguerra no noso país.
Antonio Reigosa
Antonio Reigosa, autor de Memorias dun raposo, veu visitarnos para falarnos da literatura oral e de como as historias que se transmitían a través dela podían servir para aprender moitas cousas da vida.
O alumnado de 1º e 2º ESO compartiu co escritor as historias de raposos que foron recollendo despois de falar coa súa familia e el decidiu que algunhas delas merecían formar parte do seu proxecto Galicia encantada.
Mondoñedo é poesía


Ademais, todos os asistentes ao acto puideron escoitar, xunto cos latexos poéticos doutros moitos poetas convidados, os que nacen das novas xeracións, que estiveron representadas por alumnado do centro: Carmen Pavón Souto, José María Merino, Silvia García Fernández e Iria Rivas Prieto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)