
lunes, 21 de junio de 2010
Visita de Xabier Docampo

Teatro do oprimido
Hai pouco veu ó centro un grupo de teatro especial, o Teatro do oprimido. Esta compañía, con moi poucos recursos escénicos levou a cabo unha representación na que espertaron as nosas conciencias, posto que nos fixeron reflexionar sobre a tolerancia, a situación dos inmigrantes e os desexos de superación. Trala obra tivemos a oportunidade de falar cos actores e compartir experiencias. Semanas despois fixemos un obradoiro no que desenvolvemos os mesmos temas e debatímolos cos compañeiros.
jueves, 10 de junio de 2010
Samaín
Durante este Samaín desenvolvemos varias actividades. Unha das que máis éxito tivo foi o taller de elaboración de cabazas, no que participou moito do noso alumnado. Acabouse creando un ambiente moi festivo no centro, posto que non so adornamos o espazo, senón tamén á xente por medio da maquillaxe. Incluso se empregou alenha, grazas á colaboración dalgunha das nosas alumnas.
Por outra banda, tendo en conta a época, fíxose unha exposición de cogumelos. Deste modo tivemos a oportunidade de coñer os nomes e o aspecto de moitas variedades.
viernes, 4 de junio de 2010
Samaín
Un Samaín tenebroso!
A Biblioteca do IES San Rosendo de Mondoñedo convoca o concurso de relato curto Un Samaín tenebroso! no que participou moito alumnado. O certame tivo lugar na sala da biblioteca, onde @s concursantes elaboraron os seus traballos na lingua escollida.
Os relatos premiados son os que veñen a continuación.
Campeamos con el Cid
A compañía teatral El balcón de la calle de la luna acudiu ó centro para facer unha versión teatral dun clásico da nosa literatura, o Cid. Grazas á obra Campeamos con el Cid, tivemos a oportunidade de coñecer un pouco mellor a época medieval, o método de traballo dos xograres, a vida dos cabaleiros (relación co rei, coa súa familia, o mundo da guerra...) e os conflictos interculturais que existiron durante a Idade Media na nosa península.
jueves, 3 de junio de 2010
martes, 1 de junio de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)