Hai pouco veu ó centro un grupo de teatro especial, o Teatro do oprimido. Esta compañía, con moi poucos recursos escénicos levou a cabo unha representación na que espertaron as nosas conciencias, posto que nos fixeron reflexionar sobre a tolerancia, a situación dos inmigrantes e os desexos de superación. Trala obra tivemos a oportunidade de falar cos actores e compartir experiencias. Semanas despois fixemos un obradoiro no que desenvolvemos os mesmos temas e debatímolos cos compañeiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario