O departamento de Lingua galega fixo unha selección de poemas de Uxío Novoneyra e entregoulla ó alumnado para que coñecese parte da súa obra. Con esta selección traballou posteriormente nas aulas.
A continuación amosámosvos a escolma feita.
No segundo trimestre tivemos a visita do autor Xabier Docampo. Este escritor publica a súa obra en galego, pero en 3º ESO lemos a versión castelá de Cando petan á porta pola noite. O relatorio foi moi interesante e entretido, posto que puidemos falar con este narrador do oficio do escritor e da arte de construír historias. Gardaremos un gran recordo da súa estadía no centro.