O 23 de abril conmemoramos o día do libro. Con este motivo desenvolvemos diferentes e atractivas actividades que despois espuxemos no noso instituto. Entre elas destacaron: un concurso de postais en inglés no que transcribimos foneticamente a pronuncia da palabra que representamos a través da imaxe (a postal gañadora aparece á esquerda); un concurso de caligramas, onde tentamos seguir as tendencias propias das vangardas artísticas dos anos vinte na literatura (tedes unha fotografía tamén neste artigo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario