martes, 3 de mayo de 2011

Entroido 2011

Que hai mellor co Entroido para falar do humor? Nada, realmente. É por isto que nos reunimos o venres anterior ás vacacións para facer un desfile que tivo o seu aquel. O mellor de todo é que tentamos coordinarnos para disfrazarnos por cursos, aínda que resultou un pouco difícil poñerse de acordo. Houbo un pouco de todo: pixamas, bebés, Ratiñas presumidas, obreiros, científicos, xente da época medieval, desfile de modas, una voda moi liberal e ata una representación de Greese e o Equipo A. Ademais, tivemos visitas importantes: a duquesa de Alba visitounos clase por clase (nalgunha ata tivo que asinar autógrafos) e repatiu galletas; apareceu polo instituto Mary Poppins, unha rapaza dos anos 20, un sir inglés e, non llo digades a ninguén, pero á de reli pasoulle algo no pelo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario